Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda
O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica.
Sendo conscientes de que esta situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, pretendemos minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer.
Como un dos colectivos máis vulnerables, consideramos primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento que todos e todas estamos vivindo.
AXUDA PSICOLÓXICA FRONTE AO CORONAVIRUS – COVID19 PARA O PERSOAL TRABALLADOR
A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, sobre todo dando lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, Forzas e Corpos de seguridade ou atención a persoas unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise.
Este recurso está destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos futuros
EN QUE CASOS BUSCAR AXUDA PROFESIONAL?
Os profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou outras reaccións prolongadas que afecten negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición dun xeito gratuíto.
Teléfono para atención psicolóxica ao personal traballador fronte ao COVID 19
Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais).
– Luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h.