O programa ofrece formación totalmente gratuíta e orientación laboral personalizada, dirixida á mocidade de 16 a 30 anos, desempregados/as e persoas inscritas na Garantía Xuvenil. As accións formativas xirarán arredor da comunicación dixital e networking (60h presenciais) e community manager (90h presenciais).
As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través de informacion@aguarda.es ou na OMIX. O día 7 de outubro haberá unha xornada de presentación da formación que se desenvolverá durante os meses de outubro e novembro.
Máis información: https://www.aguarda.es/talento-xove-2025-chega-a-guarda-para-mellorar-a-empregabilidade-da-mocidade/
















