As Oficinas Municipais de Información ao Consumidor (OMIC), teñen como misión principal a de protexer e defender os dereitos en materia de consumo, mediante a información e orientación ós consumidores e usuarios, a tramitación daquelas reclamacións e denuncias que se presenten en materia de consumo, así como a mediación nos conflictos que poidan surxir como consecuencia das reclamacións presentadas.
Nestes momentos, o Concello da Guarda non dispón de OMIC, pero sí que se recollen as reclamacións e denuncias para o seu envío ó Instituto Galego de Consumo.Recepción da documentación no Rexistro Municipal do Concello da Guarda.