[vc_row][vc_column][vc_column_text el_class=”datos-de-contacto”]
- Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
- Teléfono: 986 610 000 (ext. 237)
- Email: deporte@aguarda.es
- Fax: 986 610 283
[/vc_column_text][vc_column_text]A Guarda, entre outros valores, presume dun importante e variado movemento asociacionista que dinamiza a vida cultural e deportiva da vila. Os diferentes clubs deportivos mobilizan diariamente a numerosos rapaces e rapazas de todas as idades canalizando deste xeito os intereses e soños de todos eles.
Tal dinamismo tan só é posible pola inestimable participación de persoas que desinteresadamente exercen como adestradores, directivos e ás veces incluso de titores daqueles nenos e nenas que coa ilusión de participar, de lograr unha meta se esforzan nos adestramentos diarios e en cada partido ou competición.
Axudar, colaborar na medida das posibilidades e recursos con todos e cada unha das entidades deportivas é pretensión desta concellería de deportes que é consciente de que o esforzo realizado por directivos, adestradores, pais e nais de todos os deportistas contribúe a educar nuns valores de esforzo persoal, de compañeirismo, de vida saudable que son de enorme interese xeral para calquera comunidade.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][thim-carousel-posts title=”Últimas Novas” cat_id=”35″ orderby=”recent” order=”desc”][/vc_column][/vc_row]