Trátase dunha charla sobre a dependencia dixital, enfocándose no impacto das pantallas e novas tecnoloxías na infancia e adolescencia. Estará impartida polo enfermeiro Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas; ademais, é activista de Adolescencia Libre de Móbiles.
Menchu Outón, docente de secundaria no ensino público, tamén impartirá este faladoiro, aportando a súa visión, coñecemento e experiencia desde o ámbito escolar.
A charla será o venres 17 no Salón de Plenos ás 18:00h e contará con servizo de canguraxe de balde, organizado pola ANPA Atalaia.
















