Back

Rondallas, Cinema de serán

This event has expired

Proxección especial ao aire libre de Rondallas, a longametraxe dirixida por Daniel Sánchez Arévalo e rodada en boa parte no municipio da Guarda.

A película mantén unha vinculación especialmente estreita coa vila, que durante a rodaxe se converteu nun dos principais escenarios da produción e no epicentro da filmación. As nosas rúas, prazas, paisaxes e diferentes espazos forman parte da historia e permiten recoñecer A Guarda ao longo do filme como moito máis ca unha localización cinematográfica.

A cita será o martes 22 de setembro, víspera do Día de Santa Trega, na Praza do Reló.