O espectáculo pecha o ciclo “Ven ao teatro” do Concello da Guarda, o próximo venres 30 de xaneiro ás 21:00h no Centro Cultural. A entrada é libre e de balde.
“Enredada” é unha proposta escénica en forma de monólogo cun estilo fresco e descarado. A artista achégase ás historias cotiás da xente do común con unha ollada crítica, feminista e fondamente galega, enchendo o escenario de moita sorna e crítica ás redes sociais
















