O 12 de setembro, ás 21:00 horas, chega unha das citas máis esperadas para os amantes da música tradicional: o XIV Serán da Gándara.
Unha noite de encontro e foliada na que a música e o baile serán protagonistas, continuando coa programación da Festa das Mercedes. Ademais a todos os asistentes obsequiaráselle con biscoito e chocolate.