Contratación laboral temporal por obra ou servizo para a praza de profesor/a do Conservatorio Elemental de Música do Concello da Guarda
Convocatoria da contratación polo procedemento de concurso-oposición duna praza de Profesor do Conservatorio Elemental de Música, especialidade de linguaxe musical e educación auditiva e vogal, para a contratación en réxime laboral temporal a tempo parcial durante 10 meses (entre o 1 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019)
Numero de horas: 16 horas semanais
Retribucións: 1.174,27 euros mensuais (excluídas pagas extraordinarias)
As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello (http://aguarda.sedelectronica.gal)
O prazo de presentación de instancias, será 10 días naturais dende o día seguinte a publicación do preste anuncio no Faro de Vigo, na forma sinalada nas bases da convocatoria.
O alcalde
Antonio Lomba Baz
Tag:Conservatorio, Emprego, Música, profesor