A Guarda recibe o Xacobeo 2010 con especial interese. Por vez primeira a nosa localidade figura nos itineracios xacobeos recoñecidos con carácter oficial pola Xunta de Galicia formando parte do Camiño Portugués da Costa.
 Unha vez atravesado o Miño desde a veciña Caminha percorrerán os peregrinos os primeiros pasos do Camiño que transcorren por terras galegas. Nos aproximadamente 10 km de percorrido o peregrino pode disfrutar das paisaxes marítimas da costa atlántica, dos empedrados e antigos camiños do Couto e do Aloque en Camposancos, bordear as abas do monte Trega que esconden baixo terra episodios históricos aínda por descubrir, contemplar o centro histórico da Guarda, a igrexa parroquial de Sta María e as imaxes de Santiago, as súas casas indianas, a Torre do Reló, divisará desde os altos de Cachiños as praias da Area Grande e Fedorento e xa desde as Loucenzas proseguirá, seguindo a costa rectilínea, camiño do mosteiro de Oia.
|