A mostra en homenaxe aos deportistas olímpicos xa se pode visitar no Centro Cultural
A exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016” inaugurouse o este mércores no Centro Cultural contando coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o concelleiro de Deportes, Xavier Crespo, a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes e a deputada provincial de Deportes, Consuelo Besada.
Amais dos membros da corporación local e provincial, tamén acudiron ó acto de inauguración representantes de entidades deportivas da localidade e a atleta guardesa Julia Vaquero, unha das máis destacadas deportistas galegas, especializada nas modalidades de larga distancia e campo a través e que conserva despois de 20 anos o récord absoluto de España en 5.000 metros.
“De Pontevedra a Río 2016”
A exposición, ideada pola Deputación de Pontevedra como homenaxe aos deportistas olímpicos e paralímpicos dos Xogos de Río 2016, permanecerá aberta ó público ata o vindeiro 9 de setembro, no horario de verán do Centro Cultural (de luns a venres de 9 a 14 horas e os sábados de 10 a 13 horas).