(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • Presentación do plan de mellora da accesibilidade no concello de A Guarda realizado por COGAMI

    Presentación do plan de mellora da accesibilidade no concello de A Guarda realizado por COGAMI

    • Publicado por Cultura A Guarda
    • Categorías Desenvolvemento local
    • Date 5 Decembro, 2017

    O alcalde do Concello da Guarda e o vicepresidente de COGAMI presentaron hoxe os resultados dun informe que analizou exhaustivamente a accesibilidade de espazos urbanos no concello.

    O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o vicepresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Ramón Sestayo, presentaron esta mañá o Plan Director de Mellora da Accesibilidade Universal do Concello da Guarda, un documento que analiza como está a situación actual en relación coa accesibilidade nas rúas deste núcleo urbano e cales deben ser as posibles actuacións que se deben acometer para mellorala.

    O plan contempla o estudo das rúas do centro da vila, o centro de saúde, o porto e as praias. No proxecto propóñense actuacións puntuais e áreas de actuación para deseñar itinerarios accesibles. Esta proposta ven a complementar outros proxectos que se están acometendo dende o concello e cuxo obxectivo pasa pola mellora da mobilidade e a accesibilidade na Guarda, facéndoa máis cómoda e atractiva á cidadanía.

    O informe foi entregado despois de que un equipo técnico, integrado por 3 arquitectos e 2 persoas con master en accesibilidade de COGAMI, estivera durante catro meses analizando in situ tanto as rúas como os espazos do concello. Para levar adiante este plan, contaron tamén coas aportacións de entidades de persoas con discapacidade, técnicos municipais de urbanismo e representantes políticos do Concello.

    “É un plan que está pensado para todo o mundo”, explicaba o vicepresidente de COGAMI, “a accesibilidade non é un tema específico das persoas con discapacidade, é para a sociedade no seu conxunto”. En palabras do alcalde “este informe supón unha folla de ruta ou manual par que as actuacións que se fagan a partir de agora no concello se realicen con criterio, para que calquera persoa poida moverse pola vila”.

    A mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, revitalizar o entorno urbano, facilitar o tránsito de peóns, favorecer o deseño urbano para as persoas, crear espazos libres, suprimir as barreiras arquitectónicas e urbanísticas ou converter a A Guarda nun concello de referencia en materia de accesibilidade, son algúns dos obxectivos marcados á hora de deseñar este plan.

    Tras esta análise exhaustiva, o documento final especifica de forma detallada as intervencións que deben facerse co fin de que os espazos públicos permitan circular a todas as persoas. A relevancia das actuacións está baremada nunha puntuación comprendida de 1 ao 10, tomando como referencia a puntuación máis alta para aqueles lugares que teñen maior prioridade para ser intervidos e deben ser arranxados con maior urxencia.

    O informe tamén recolle o orzamento que sería necesario para acometer cada unha das intervencións nestas zonas analizadas, o que suporía unha inversión aproximada de 759.000 euros, segundo consta no documento presentado.

    Existen outras áreas que deben ser consideradas como especiais, xa que para que se fagan accesibles é necesarios reurbanizar para resolver problemática como os anchos mínimos de itinerarios, tramos de forte desnivel, anchos e discontinuidades en itinerarios peonís, establecemento de prioridades peonís etc. Estas melloras precisarían contar cun orzamento que pode chegar ao 1.304.117 € de investimento.

    Así mesmo, o documento recolle unha guía de boas prácticas que recompila a normativa de aplicación e as recomendacións a ter en conta baseadas na experiencia de usuario das persoas con discapacidade. O obxectivo desta guía é que sexa de aplicación en futuras obras levadas a cabo polo Concello contemplando desta maneira a AccesibilidadeUniversal.

    • Compartir:
    Cultura A Guarda

    Anterior nova

    A Praza de Abastos da Guarda estrea un ascensor panorámico que conecta os dous andares
    5 Decembro, 2017

    Seguinte nova

    O Nadal comezou oficialmente este martes co acendido do alumeado na Praza do Reló
    5 Decembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • O alcalde da Guarda visita ‘Coeco Creative’ no seu novo local na rúa Brasil
      10 Marzo, 2026
    • A praza de Abastos reinagúrase cunha nova estética con máis luz e zonas de descanso
      5 Marzo, 2026
    • O alcalde da Guarda visita ‘Terraverde Vinoteca’ tras a súa reapertura coa nova xerencia
      4 Marzo, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web