Achádego dunha peza de especial valor no Poboado de Mergelina
Na mañá deste venres, 23 de outubro, o equipo de arqueólogos, restauradores e demais persoal que participa nas escavacións do barrio de Mergelina no monte Trega, financiadas pola Deputación de Pontevedra e o ministerio de Fomento, atopáronse cunha das pezas máis singulares entre os miles de fragmentos que desde que se iniciou a intervención no mes de agosto se levan xa clasificados e siglados.
Trátase dunha cabeza antropomorfa, perfectamente identificable, que presenta como rasgos máis salientables unha realista representación das dúas orellas e unha liña que ben pode delimitar un casco ou simplemente o cabelo.
Foron testemuñas do achédego desta peza de especial valor, un grupo de alumnos do IES A Sangriña, que participaba no programa de visitas guiadas organizado polo Padroado Municipal Monte Trega ás escavacións e tamén varios arqueólogos británicos que se atopaban tamén de visita no xacemento.
Mais fotos na ligazón:
https://www.dropbox.com/sh/zfdevuynflcpawv/AABe3TzOjjaVzkuyH2WtyVdUa?dl=0