(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • Morea de propostas culturais, deportivas e de entretemento chegan á Guarda nesta longa fin de semana

    Morea de propostas culturais, deportivas e de entretemento chegan á Guarda nesta longa fin de semana

    • Publicado por Concello
    • Categorías Xerais
    • Date 21 Xullo, 2016

    Achégase a que se presenta como unha apaixonante fin de semana para a localidade da Guarda. Non só porque contará cun día máis de ocio grazas ao festivo autonómico do luns, senón pola gran variedade de actividades de todo tipo ofertadas durante os tres días.

    Achégase a que se presenta como unha apaixonante fin de semana para a localidade da Guarda. Non só porque contará cun día máis de ocio grazas ao festivo autonómico do luns, senón pola gran variedade de actividades de todo tipo ofertadas durante os tres días.

     

    A fin de semana da comezo o venres 22 coa noite adicada ao fotógrafo guardés Joaquín García Portela, máis coñecido polo alcume do “Costiña”. O Concello da Guarda, en colaboración co Proxecto Socheo, organiza a exposición Camiños da Imaxe para homenaxear a figura deste pioneiro do cinema e da fotografía da localidade que viviu na primeira metade do século XX. A inauguración desta exposición, que amosa imaxes que fixo a veciños da Guarda e da súa contorna, así como obxectos e fotografías persoais do fotógrafo e filmes familiares será ese venres ás 21 horas e irá acompañada por unha proxección na Praza do Reló ás 22,30 horas.

     

    O día seguinte, o sábado 23, os xardíns do Centro Cultural da Guarda acollerán o IV Mercado da Música, unha cita que reunirá máis de 30 postos de artesanía, fotografía, camisetas, instrumentos, libros, etc. Ademais, a xornada estará amenizada polas actuacións de 8 grupos de música, 7 locais e un de Asturias, que abarcan xéneros tan diversos como o folk e o punk, entre outros. O mercado tamén contará cun espazo exclusivo adicado ó máis cativos e cativas con diferentes talleres e xogos.

     

    Ese mesmo día,no campo de fútbol anexo ao Codesal, terá lugar unha xornada de portas abertas de Beach Tennis a partir das 11 da mañá. Nesta os participantes poderán probar este deporte nun “todos contra todos” en parellas ao que se poderán inscribir de balde enviando un correo electrónico a deporte@aguarda.es

     

    Xa no domingo, como cada ano, guardeses e guardesas teñen unha cita na praia do Muíño, co Concurso de Figuras de Area que chega á súa XXV edición. Esta trae como gran novidade a modificación das categorías, con tres categorías individuais e dúas grupais. Aos participantes, de entre 3 ata 16 anos, poderán realizar a inscrición na propia praia ás 11 horas e o concurso comezará ás 12 horas.

     

    Tamén o domingo 24 celébrase na Guarda o XXIII Encontro dos Pobos no Auditorio de San Benito, ás 20 horas, organizado pola Asociación Cultural Do Lusco ó Fusco en colaboración co Concello da Guarda. Neste evento actuarán 6 grupos, catro locais e dous de fóra da Guarda. Os grupos locais son 3ª Idade, Vento Mareiro, Xamaraina e Do Lusco ó Fusco. Estes irán acompañados por Teries in Tartan, de Escocia e Balladors des Raiguer, un grupo de Mallorca.

     

    Xa para rematar esta fin de semana máis longa, tamén no Auditorio San Benito, a cita é co espectáculo familiar “Peterpunk e o neno imperdible” organizado polo Concello da Guarda e a Xunta de Galicia dentro do circuíto “Cultura no Camiño”. Trátase dunha representación teatral que quere levar a todos os recunchos humor e diversión, sen esquecer a solidariedade cos nenos e nenas que máis sofren, nunha obra recoñecida polo seu coidado guión e orixinal escenografía.

     

    Dende o Concello da Guarda quere agradecer a todos os que fan posible crear esta completa axenda de eventos e aproveitar para convidar a turistas, veciños e veciñas a que desfruten desta variada oferta de actividades e espectáculos celebrados na Guarda.

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Presentación da 26ª Festa da Langosta e da cociña mariñeira da Guarda
    21 Xullo, 2016

    Seguinte nova

    A Biblioteca Municipal da Guarda lanza o concurso de deseño “Mascota da Biblioteca” como parte da campaña Vive a Biblioteca
    7 Setembro, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web