(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Muller

    • Inicio
    • Muller
    • Finalizan con éxito as actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller 2021 na Guarda

    Finalizan con éxito as actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller 2021 na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Muller
    • Date 11 Marzo, 2021

    Nun ano marcado pola pandemia e polas restricións sanitarias desde o Concello da Guarda programáronse actividades adaptadas á situación actual para seguir reivindicando e loitando por unha igualdade real entre mulleres e homes en todas as esferas da vida (no ámbito persoal, familiar, laboral, de lecer…).
    Actividades programadas este ano 2021:
    Campaña de sensibilización – O Concello de A Guarda encheuse de frases e palabras a prol da Igualdade da muller durante o mes de marzo.
    A través do poder dos deseños, composto dun perfil de caras de mulleres de diferentes idades e razas, e mostrando palabras ou frases a prol da Igualdade, conmemorouse dende A Guarda o Día Internacional da Muller.
    Queremos indicar que o material empregado para pendurar os carteis de formato redondo nas árbores foi corda de cáñamo coa intención última de non ferir ás árbores.

    A Campaña de Sensibilización complementouse cunha valla publicitaria na Alameda con motivo do 8M, a colocación dunha pancarta no balcón do Concello, a Iluminación en cor morada do Concello e do CIM, así como unha entrevista á directora do CIM na radio do IES A Sangriña feita polo propio alumnado do Centro.
    E este ano centráronse as nosas actividades na poboación máis nova, as crianzas e a xuventude, porque consideramos primordial que a concienciación e o fomento de Igualdade entre mulleres e homes estea centrada neste sector da poboación.
    Actividades nos centros de ensino
    Na xornada do martes día 9 de marzo o alumnado participou no Contacontos “O Pozo das Señoras” con Rilo e Penadique (contadora de contos e música) levándose a cabo en formato online (debido a situación sanitaria actual) dirixido a crianzas con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos.
    Ofreceuse a todos os centros de ensino da Guarda unha ligazón que estivo dispoñible durante toda a mañá do martes día 9 para facilitar o seu acceso e adaptarse á programación educativa de cada centro.
    A actividade que chamamos “Mulleres galegas, donas do seu”estivo dirixida ao alumnado de 1 º de Bacharelato do IES A Sangriña,foi un dos exercicios prácticos de Interpretación do Patrimonio material e inmaterial galego, que 14 alumnos/as de 2º curso do Ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística do CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza en Pontevedra, deseñaron no módulo de Procesos de Guía que imparte a profesora Tina Otero.
    Consiste en investigar e recuperar aspectos moi interesantes da dura vida que moitas mulleres galegas e non galegas tiveron ao longo da historia e convertilo nun discurso dinámico, interesante e actual para que a nosa audiencia, xente moza, coñeza a estas protagonistas, mulleres que viviron en tempos duros, difíciles.. pero que non se acobardaron… loitaron, traballaron e se esforzaron para mellorar a súa situación, a das súas familias e sen sabelo a de toda a sociedade, porque elas axudaron a que agora no século XXI as mulleres teñamos máis dereitos, liberdades e unha mellor vida, de feito van recoñecer nestas historias ás súas nais e avoas.
    O obxectivo principal deste traballo foi aplicar os coñecementos, destrezas e habilidades acadadas durante o ciclo e preparar emotivos discursos complementados con dinámicas presentacións que sacan do esquecemento histórico a estas mulleres, darlles voz e poñelas como exemplo para invitar a toda a sociedade a seguir loitando por esa igualdade e liberdade que desgraciadamente aínda a día de hoxe as mulleres e as xoves ás que está dirixido este discurso as veces non temos…. buscamos provocar na nosa audiencia unha reflexión e reacción final positiva con cada unha das mulleres e oficios que presentamos, por iso a grande importancia de proxectos como o que presentou a profesora Tina Otero que ofreceu a oportunidade de crear sinerxias entre os diferentes centros educativos e o CIM da Guarda. Agradecemos a colaboración desinteresada tanto do alumnado do Ciclo de FP como da súa profesora.
    Dado o éxito da actividade, acordouse ao finalizar a mesma entre as responsables implicadas dos tres centros participantes que este proxecto marcou o inicio de novas colaboracións futuras para camiñar unidas e unidos cara unha a consecución dunha igualdade real.

    Tag:8M, A Guarda, CIM, dia internacional da muller, muller!

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Máis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda
    11 Marzo, 2021

    Seguinte nova

    O Concello da Guarda mellora os espazos axardinados da estrada de Circunvalación
    17 Marzo, 2021

    Tamén te poden gustar

    • SUPENDIDO: O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda
      5 Marzo, 2026
    • A Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller’
      2 Marzo, 2026
    • O Concello da Guarda prepara unha programación especial para o 8M
      25 Febreiro, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web