(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda nomeou fillo adoptivo e realizou unha homenaxe a Eliseo Alonso

    A Guarda nomeou fillo adoptivo e realizou unha homenaxe a Eliseo Alonso

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 29 Novembro, 2021

    • O Pleno nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.
    • Realizouse a inauguración de dúas exposicións, que estarán ata o vindeiro 9 de decembro na Casa dos Alonso.

    O pasado sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realizou unha programación de actividades para homenaxear a Eliseo Alonso actividades que tiveron comezo cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos, onde se nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.

    Neste pleno tan especial, emotivo e multitudinario, contouse con familiares, amigos, achegados e personalidades do mundo da cultura que, recibiron unha copia do seu libro “Gamelas e Mariñeiros”, traducido ao galego por Ramón Quiroga e editado e impreso pola Deputación de Pontevedra.

    Os familiares de Eliseo Alonso: Carmen Rivas, Alicia Alonso Rivas e Enma Alonso, recibiron diferentes agasallos por parte da corporación municipal, coma unha gamela conmemorativa en bronce, un diploma, un enteiro postal filatélico e ramos de flores.

    Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, resaltou na súa intervención que “Coa súa visión de escritor e antropólogo Eliseo Alonso recorreu ás fontes vivas que máis información e máis antiga podían atesourar, e así, con formularios que quedaron curtos, lerias nas tabernas, na ribeira, nas casas, nas chabolas coas atadeiras, cos carpinteiros de ribeira, coas argaceiras, con todos e todas as que tiñan algo que contar e querían facelo, foi recollendo testemuños para evitar que caesen no esquecemento” e engadíu que “é unha honra para A Guarda e as súas xentes que dende hoxe o escritor e intelectual galego, Eliseo Alonso, natural de Goián, sexa para sempre e por dereito, un guardés máis.“

    De seguido procedeuse á inauguración da Exposición de Filatelia, contando coas intervencións de Marta Verde Rodríguez, Secretaria da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa; Enrique Pérez Martínez, Presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e Antonio Lomba, Alcalde da Guarda. Esta exposición estará ata o vindeiro 9 de decembro en horario de visita de luns a venres de 11:00h a 13:00h e sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.

    Ricardo Rodríguez foi o encargado de realizar a inauguración e explicacións dunha segunda exposición, titulada “Eliseo Alonso: Camiñando cara ao mar da Guarda”, no XXV cabodeano do seu pasamento, e que recolle, nunha serie de paneis e contidos, ademais dunha reseña biográfica, os eidos nos que Eliseo Alonso proxectou seu labor literario e xornalístico, tanto dende seu Goián natal, ata máis aló da nosa Terra, mar por medio. Queda deste xeito plasmada nesta exposición parte do seu legado como escritor, etnógrafo, fotógrafo, poeta e xornalista, grazas ao traballo realizado pola Comisión da Homenaxe a Eliseo Alonso.

    Estas exposicións estarán na Casa dos Alonso dende o sábado 27 de novembro ata o xoves día 9 de decembro, cun horario de visita de luns a venres de 11:00h a 13:00h e sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.

    Finalizados os actos na Casa dos Alonso, os asistentes desprazáronse ata o Paseo Marítimo do Porto da Guarda onde tivo lugar a descuberta dunha escultura adicada a Eliseo Alonso, unha peza en pedra elaborada por Manuel Coia Piñeiro da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, un acto que contou coa presenza de Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra e que deixa neste simbólico espazo un lugar para a memoria e recordo de Eliseo Alonso. Os asistentes aproveitaron este momento para facer as fotografías xunto coa escultura e os familiares de Eliseo Alonso, pondo un emotivo punto final a esta programación de eventos da Homenaxe.

    Tag:A Guarda, Eliseo Alonso, fillo adoptivo, Homenaxe

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da Constitución
    29 Novembro, 2021

    Seguinte nova

    A Guarda da a benvida ao Nadal 2021 este venres co acendido do alumeado
    30 Novembro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      13 Abril, 2026
    • A Agrupación Musical da Guarda arranca o seu programa ‘Concerto nas parroquias’
      11 Abril, 2026
    • ‘Retablo de esperpento’ funde dúas obras de Valle-Inclán na Guarda
      9 Abril, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web