(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • “SEA” amosa na Guarda o seu compromiso co desenrolo socioeconómico de Galicia e a posibilidade do impulso dun novo chan empresarial estratéxico, compartido co Rosal

    “SEA” amosa na Guarda o seu compromiso co desenrolo socioeconómico de Galicia e a posibilidade do impulso dun novo chan empresarial estratéxico, compartido co Rosal

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local
    • Date 15 Decembro, 2021

    • A reunión, celebrada no concello da Guarda, organizada polo Concello en colaboración co do Rosal, reuniu a máis de medio cento de empresarios.

    • A xerente, Beatriz Sestayo, transmitiu a dispoñibilidade de “SEA”, dependente do Ministerio de Transportes, a analizar o desenrolo dunha área industrial sostible e pioneira que de resposta á demanda empresarial e evite a deslocalización de empresas a Portugal.

    • O informe económico elaborado por ambos concellos reflexa a puxanza económica da zona pero tamén a saída diaria de, principalmente, mulleres para empresas sitas no norte de Portugal.

    A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, amosou este mércores na Guarda a vontade clara da entidade, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes, de impulsar o desenrolo económico de Galicia, coa creación dun chan industrial e empresarial, con carácter sostible, en caso de que se detecte demanda empresarial.

    Así o transmitiu na reunión con preto de medio centenar de representantes do sector empresarial que se ten celebrado na casa consistorial da Guarda, organizada en colaboración dos concellos da Guarda e do Rosal e coa participación dos seus respectivos alcaldes.

    “Suelo Empresarial del Atlántico” xa dispón de 45.000 metros cadrados de superficie, adquiridos no 2004 (o 17% do total estimado) ante a posibilidade de desenrolo dun polígono industrial, que quedou paralizado pola crise. Tamén conta dende o 2007 cun proxecto sectorial da posible área industrial.

    Beatriz Sestayo transmitiu o compromiso claro de “SEA” e Sepes co desenrolo económico de Galicia, como amosa o arranque, esta mesma semana, dunha nova etapa na entidade, coa aprobación no seu Consello de Administración do inicio da tramitación dunha nova área empresarial en Cuntis, tras oito anos sen promover novas iniciativas.
    No caso da Guarda e do Rosal, ante a situación “estratéxica” da zona, incidiu na importancia de plantexar o desenrolo dun espazo que aporte plena seguridade xurídica ao sector empresarial, coa idea de impulsar “polígonos medioambientalmente de futuro, con polígonos que encaixarían nunha zona tan extraordinaria como esta”.

    Para acadar este obxectivo, explicou, se “precisarían dúas cousas. as comunicacións e a existencia de demanda”. Por este motivo, sinalou que é necesario “testar a demanda real e coñecer as expectativas e o interese empresarial”.

    Ante as empresarias e empresarios precisou: “Vimos a traballar, se nos facedes chegar a demanda real vaise ter en conta”.

    ESTUDO SOBRE A DEMANDA EMPRESARIAL
    Na reunión expúxose parte do informe empresarial encargado por ambos concellos, sobre a situación empresarial e económica da comarca.
    O seu responsable, Francisco Xavier Martínez Cobas, puxo en valor a presenza de ata 4.000 empresas no Baixo Miño, das que 1.300 sitúanse na Guarda e no Rosal.

    Ata 42 empresas facturan máis dun millón de euros na Guarda, vinculadas especialmente á pesca ou á transformación pesqueira, en cifras similares ás do Rosal pero, neste caso, máis relacionadas coas bodegas vitivinícolas.

    A percepción actual xira en torno a dúas necesidades básicas, como son as conexións e o chan industrial, co obxectivo de ofrecer alternativas de chan que permitan reducir riscos urbanísticos e medioambientais.

    En canto ao contexto económico actual, incidiu no feito de que se percibe unha importante mobilidade laboral de traballadores cara ao norte de Portugal, en concreto, ata o 62%, de mulleres que, na súa maioría, están empregadas na industria. O lugar de procedencia maioritario é A Guarda, Tomiño e O Rosal e o destino de traballo é o de Vilanova de Cerveira.

    OS ALCALDES INCIDEN NA NECESIDADE DE CHAN

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, incidiu en que “o polígono empresarial é fundamental para esta zona, é fundamental para ter un desenvolvemento económico necesario para poder ofrecer posibilidades para que se implanten aquí empresas e sobre todo para que a xente máis nova poida desenvolver aquí o seu proxecto vital sen ter que marchar”.

    En todo caso, aclarando que para o desenrolo deste proxecto son “vitais as comunicacións, porque non pode haber unha cousa sen a outra”. “Para saír da crise demográfica na que estamos e ter un desenvolvemento pleno na comarca, este polígono empresarial e as comunicacións son fundamentais”, remarcou, avanzando que pedirá no seu momento á “Xunta que lle dea para adiante ás comunicacións”.

    Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, defendeu que o polígono “é fundamental para o desenrolo empresarial do Baixo Miño porque hai unha necesidade real nunha poboación activa, e con moito emprendemento e que non se pode desenvolver pola falta de solo”.

    Ademais, puxo en valor a necesaria “sostenibilidade ambiental” que suporá poder desenrolar este chan industrial, no marco da Axenda 20-30, en paralelo a xerar riqueza e favorecer o asentamento poboacional na zona.

    “SEA” POSUE 45.000 METROS CADRADOS EN PROPIEDADE

    O polígono sito nas parroquias de Gándara na Guarda e de A Cunchada no Rosal, no límite entre ámbolos dous concellos.

    “SEA” posúe 45.000 metros cadrados dos 260.000 previstos que contemplaba o plan sectorial, a expensas do que determinen os conseguintes informes.

    SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO

    Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. é unha Sociedade Mercantil Estatal, participada, maioritariamente, cun 83,44 %, polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana do Goberno de España, a través de Sepes, Entidad Estatal de Suelo.

    No accionariado tamén se integran a Xunta de Galicia, cun 14,91% e ABANCA, como posuidora dun 1,65%.

    Suelo Empresarial del Atlántico é unha S.M.E. creada co obxectivo de desenrolar e comercializar parques empresariais en Galicia, que xestiona 13 parques empresariais, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados de superficie, sitos nas provincias da Coruña (A Laracha, Malpica, Vimianzo, Cee, Muros, Rianxo e A Pobra do Caramiñal); Pontevedra (Catoira e Vilanova de Arousa) e Lugo (Rábade, Monforte, Mondoñedo e Chantada).

    Tag:A Guarda, chan industrial, empresas, industria, parque empresarial, SEA

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Peche temporal do Albergue Municipal da Guarda
    15 Decembro, 2021

    Seguinte nova

    Recomendacións sanitarias diante do aumento de casos positivos de COVID-19 no Servizo de Saúde da Guarda
    15 Decembro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda avanza co Rosal e con Caminha na cooperación para fortalecer a nova Eurocidade
      5 Maio, 2026
    • O alcalde da Guarda visita ‘O Cabaqueiro’ tras a súa reapertura coa nova xerencia
      20 Marzo, 2026
    • O alcalde da Guarda visita ‘Coeco Creative’ no seu novo local na rúa Brasil
      10 Marzo, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web