O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
O Concello da Guarda acolle desde o próximo venres 18 de xullo a exposición de pintura do grupo Terapia de jueves.
Trátase dunha exposición de diversas temáticas e materiais, pois o nexo desta exposición son os artistas que hai detrás. Un grupo de amigos amantes da pintura que se reúnen cada xoves para desfrutar xuntos da pintura, á vez que se relaxan e charlan.
Por iso, nestas obras, os veciños e veciñas atoparán diversas temáticas e técnicas: acuarela, óleo, rotulador…Unhas técnicas que aprenderon en gran medida no punto de unión deste grupo, as clases da pintora guardesa Rosabel.
O alcalde da Guarda destaca que “volvemos a ter unha exposición organizada por veciños e veciñas, na que ademais demostran ese poder da arte para ser punto de reunión entre amizades e tamén ese poder relaxante e sanador”.
O próximo venres 18 ás 20:30h o grupo Terapia de jueves inaugurará esta exposición na Casa dos Alonso e que se manterá aberta as visitas ata o 31 de xullo polas mañás. Ata o día 15 de xullo estará a exposición de figuras metálicas feitas con material reciclado de Genaro Alonso.



