A escola de baile Attitude prepara para este domingo o seu festival de verán
Este domingo 27,a escola de baile Attitude celebra o seu Festival de verán, en colaboración co Concello da Guarda.
O auditorio de San Benito acolle a partir das 20:00h do domingo as coreografías da escola Attitude, onde poderemos ver desde as coreografías das pequenas artistas de 3 anos ata as máis maiores.
Ademais, contará con dúas escolas invitadas para esta data, a escola Stardanza de Vigo e Fitdanxe de Tomiño. Agárdase uha tarde chega de baile, ritmo, música e tamén sorteos para o público.



