A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en setembro na Guarda
A unidade de móbil de inspección técnica de vehículos (itv) instalarase na Estación de Servizo de San Roque (A Guarda) no próximo mes de setembro.
Desde o día 9 de setembro ata o 11 de setembro e do día 15 ao 23 de setembro realizaranse inspeccións técnicas de TURISMOS en horario de 9:00 a 13:30 horas e pola tarde de 15:15 a 18:00 horas; agás o día 23 que só atenderán pola mañá.
Os días 15, 16 e 17 de setembro tamén se realizarán inspeccións técnicas de CICLOMOTORES no mesmo horario.
Para pedir cita previa, pode ser a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web.



