Unha exposición repasa os 125 anos da Festas da Virxe da Guía na Guarda
Onte á tarde quedou inaugurada a exposición de carteis das Festas da Virxe da Guía. Polo seu 125° aniversario prepararon unha exposición no Salón de Plenos chea de historia da festa: carteis, fotografías, documentación…
O alcalde da Guarda resaltou como “estas festas son punto de encontro dos veciños para desfrutar xuntos da música, das poxas…”. Ademais, o concelleiro de Cultura, Celso Fariñas fixo fincapé nas numerosas anécdotas que deixan estas festas, compartindo algunha delas.
A comisión tamén quixo ter un pequeno detalle con quen contribuiu a chegar a estes 125 anos, dando un pequeno agasallo aos antigos presidentes ou á súa familia.
A exposición poderá visitarse de luns a venres en horario de mañá (de 9 a 14h) ata o próximo 9 de setembro no Salón de Plenos do Concello da Guarda.



