A banda de música trae de novo os seus concertos nas parroquias
A Agrupación Musical da Guarda volve a ofrecer este ano o seu ciclo de Concertos nas parroquias para levar a música ás diferentes zonas da Guarda.
Este ciclo realízase en colaboración co Concello da Guarda e comprende tres concertos durante as últimas semanas de verán.
O primeiro concerto será o próximo venres 29 de agosto ás 20:00h, na praza de Salcidos. Unha semana máis tarde, o venres 5 de setembro, ás 20:00h poderemos desfrutar da banda de música na praza de Buxán. Este grupo de concertos poñerá fin en Camposancos, na praza de San Amaro o sábado 13 de setembro ás 19:00 horas.
A Agrupación Musical da Guarda vén de ofrecer o pasado sábado un concerto especial polo seu XX aniversario na que recibiron fortes ovacións pola súa música rock e de bandas sonoras.



