As obras do campo de fútbol da Sangriña avanzan para unha maior accesibilidade
O campo de fútbol da Sangriña atópase en obras. Deste xeito, renovaranse as instalacións da cantina e do almacén da entrada.
O gran cambio será a pasarela que unirá a entrada coas gradas, facilitando a entrada de espectadores con mobilidade reducida, con cadeira de rodas, con carriños…
Con esta intervención, o Concello da Guarda aposta pola mellora das instalacións deportivas, non só para a práctica do deporte, senón tamén para o desfrute das familias e dos espectadores que acoden a apoiar aos equipos locais.
“Estamos moi contentos de poder darlle esta renovacións ás instalacións do campo da Sangriña, pois é un punto de encontro para desfrutar do deporte e debe ser accesible para todos e todas”, afirma o alcalde.
Actualmente, o campo municipal da Sangriña é a casa dos equipos de fútbol da Unión Guardesa e do Sporting Guardés e do equipo de fútbol gaélico de Gróvias F.G.
Esta intervención conta cun orzamento de 118.512,99€, dos cales 69.715,10€ proveñen da subvención do Plan Extraordinaro de Infraestrutruras Deportivas da Deputación de Pontevedra e os 48.797,89€ son aportación do Concello da Guarda.



