A Gala do Deporte recoñecerá aos clubs e aos deportistas da Guarda
A Guarda celebrará o próximo venres 21 de novembro a Gala do Deporte 2025. Un acto que quere recoñecer, non só o éxito do deporte guardés, senón tamén os clubs que promoven o deporte na Guarda, sobre todo, nas xeracións máis novas.
O Centro Cultural acollerá este acto que dará comezo ás 20:00 horas e porá en valor a importancia do deporte na vida guardesa, así como a súa diversidade: tenis, judo, petanca, skate, remo…Disciplinas que practican diferentes xeracións desde os máis pequenos ata os máis maiores e veteranos.
Ademais, tamén haberá recoñecemento para aqueles deportistas guardeses que continúan levando o nome da Guarda nos seus logros por toda Galicia, España e incluso Europa.



