Continúa a campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama
Continúa a campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. As mulleres que reciban o SMS deberán pinchar na ligazón que aparece para ter acceso ás rutas e aos horarios de transporte gratuíto que facilita este Programa.
Os buses sairán da Guarda, da parada do Centro Cultural para acudir á realización da mamografía na Unidade de Exploración no Hospital de Meixoeiro.
Desde o Concello animamos ás mulleres a aproveitar este programa de detección precoz que permite detectar cancros nos estadios máis iniciais. Para máis información ou dúbidas, pódese chamar ao teléfono: 981 14 14 14.



