A axenda de Nadal trae á Guarda unhas xornadas de festa pensadas para desfrutar en familia
Xa cheira a Nadal! Co mes de decembro chegan as ganas de desfrutar estas festas tan especiais, por iso, este ano o Concello da Guarda presenta unha programación pensada especialmente para as familias.
O Nadal comezará mañá co acendido da iluminación das rúas, mais, debido á alerta amarela activada, non se celebrará a cerimonia especial cos actividades de animación infantil e o pasarrúas. Estas actividades moveranse para outra data na que sexa posible e que anunciaremos con antelación nas nosas redes sociais.
Esta programación de Nadal promete música, baile, obradoiros e sobre todo bos momentos para desfrutar toda a familia. Seguide alerta das nosas redes sociais e web para ir coñecendo máis de cada unha das actividades.




