A Guarda está presente en FITUR 2026 como parte da promoción turística da vila
Rematan dúas xornadas de intenso traballo en FITUR 2026. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, o tenente alcalde, Óscar Alonso e a técnica de turismo, Rosalía Verde, mantiveron durante estes días reunións, encontros e contactos con diferentes empresas, destinos e institucións.
Con estas accións búscase construír un destino turístico consolidado, máis sostibles e accesible, así como futuras colaboracións e intercambio de ideas e experiencias.
Ademais, A Guarda conta cun espazo propio á entrada dos pavillóns de Fitur, cunha topografía imitando á da película “Rondallas” e que lembra algúns dos puntos máis destacados da nosa vila: o castro de Santa Trega, a Festa da Langosta, o estuario do río Miño ou o camiño de Santiago.




