Venres e sábado con desfiles e festa para rematar o Entroido
O Entroido encara as súas últimas xornadas sen baixar o ritmo.
Mañá celebrarase o Desfile Escolar. Preto de 450 nenos e nenas sairán ás rúas a partir das 11:30h para amosar os seus mellores disfraces. O percorrido comezará na Alameda e rematará no inicio da rúa Galicia (O Galo). Neste desfile tamén participarán os grupos de gaitas da 3ª Idade e do centro Social Fuscalho.
Á tarde sairá o Desfile de Entroido, ás 20:30h da Rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e percorrerá a Rúa Galicia ata rematar na Alameda. Un total de 19 participantes, entre gurpos, carrozas e comparsas darán cor ás rúas guardesas.
Na Alameda a a festa continuará con animación musical e djs.
Para rematar o Entroido na Guarda, celebraremos o sábado de piñata con festa a cargo de djs a partir das 22:00h.




