A Agrupación Musical da Guarda pecha este sábado en Camposancos o ciclo “Concertos nas parroquias”
A presente edición do ciclo “Concertos nas parroquias” chega mañá ao seu fin co último concerto da Agrupación Musical da Guarda, que nesta ocasión será na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.
Esta proposta cultural impulsada pola Agrupación, en colaboración co Concello da Guarda, busca achegar a música ás distintas parroquias do municipio e fomentar actividades culturais de proximidade. Ao longo das últimas semanas xa se levaron a cabo concertos na praza da Guía e na praza de Salcidos, contando cunha boa acollida por parte da veciñanza.
O peche do ciclo terá lugar na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos ás 20:00 horas, nun concerto aberto e dirixido a todos os públicos.



