
A Policía Local da Guarda informa de restricións de circulación con motivo das Festas de San Cayetano
A Policía Local da Guarda informa de que, con motivo da celebración das Festas de San Cayetano, estableceranse restricións de circulación e cortes puntuais de tráfico para garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento dos actos programados.
Así, a partir das 18:00 horas dos días venres 31 de xullo e sábado 1 de agosto, restrinxirase a circulación no tramo comprendido entre os cruces das rúas da Cal e San Cayetano coa Carretera de Circunvalación.
Con motivo destes cortes, habilitaranse itinerarios alternativos, que estarán debidamente sinalizados. Ademais, os axentes da Policía Local situados nos distintos puntos de corte informarán ás persoas usuarias da vía sobre os percorridos alternativos.
Pola súa banda, o domingo 2 de agosto, a partir das 13:00 horas aproximadamente, estableceranse cortes puntuais de circulación con motivo da celebración da tradicional Procesión de San Cayetano.
O Concello da Guarda solicita á veciñanza e ás persoas condutoras a súa colaboración, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e seguir en todo momento as indicacións da Policía Local. Así mesmo, agradece a comprensión ante as molestias ocasionadas, necesarias para garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento das festas.


