A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
Por segundo ano, teremos a celebración esta fin de semana da Rosegha no porto da Guarda. Este evento conta co apoio do Concello da Guarda e está impulsada pola Asociación O Piueiro.
O seu obxectivo é reivindicar a identidade mariñeira e presenta unha programación completa, con actividades para todas as ideas. Baixo a carpa do porto acolleranse navegacións de maquetas (diúrnas e nocturnas), exposicións de embarcacións tradicionais e aparellos mariñeiros e obradoiros infantís.
Ademais, haberá saídas do volanteiro O Piueiro o sábado e o domingo, para as que se precisa inscrición previa na carpa. Unha das actividades máis agardadas é a navegación das navoas, antigas embarcacións de vela feitas con cortiza elaboradas polos máis cativos.
Na presentación, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, destacou que “hai que apoiar e impulsar inciativas como A Rosegha, xa que son espazos onde se combinan cultura e historia e nas que pode participar toda a cidadanía”. Pola súa banda, Rubén Adrover, en representante de Piueiro, puxo en valor “o carácter social, cultural e educativo do evento”.



