A artista Violeta Arisha expón a súa obra cargada de experimentación na Casa dos Alonso
A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición para rematar o mes de novembro. Esta exposición acollerá a obra de Violeta Arisha desde o luns 24 de novembro ata o 4 de decembro.
Os cadros desta artista mostran o seu inconformismo e experimentación coa mestura de distintos materiais como tintas, aclíricos e óleos, para lograr un efecto fresco e liberador. Deste xeito, en ocasións o resultado é postimpresionista e, noutras, máis abstracta.



