A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura do grupo Grisalla
O grupo Grisalla, que conta con máis de 20 anos de traxectoria, organiza unha exposición este mes na Casa dos Alonso. A exposición será o próximo sábado 8 de novembro ás 19h e estará aberta ata o día 21 de novembro.
A exposición xunta as obras dos artistas: Violeta Arisha Tasende, Jacinto Cajete, Dalia Ponte, José Antonio Fondevila, Ángel Lorenzo Lorem, Francisco Lorente. Remedios Priegue e María Carmen Gago Florenti.
Todos eles presentan unha proposta artística diferente: arte abstracta, lienzos, artes plásticas, neoexpresionismo, óleo…cada un aporta a súa visión da arte con aquilo que os move por dentro.



