A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para a obra “Memorias dun neno labrego”
O próximo venres 16 de xaneiro será a primeira saída do bus do teatro desde A Guarda. A obra a ver será “Memorias dun neno labrego”.
Trátase dunha nova coprodución do Centro Dramático Galego e Contraproducións. É unha nova versión teatral do famoso libro de Xosé Neiras Vila no X aniversario do seu pasamento.
Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Este espectáculo, segue a súa voz sincera e sensible a través dunha serie de lembranzas que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, dando vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas.
A función comezará ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Para chegar, o bus sairá desde o Centro Cultural da Guarda ás 15:00h e volverá a partir das 20:15h.
A actividade ten un custo de 5€ e a inscrición xa está aberta na ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSezBo3_I5–YJtJGwaUSUOJojDSMNx8gTcZgvGWuqH8iWfwsw/viewform



