A Guarda triunfa nos IX Premios Provinciais da Xuventude con catro premios
A Deputación de Pontevedra vén de entregar este xoves os galardóns que recoñecen o talento da mocidade da provincia nunha ducia de disciplinas na novena gala dos Premios Provinciais á Xuventude.
Uns recoñecementos que dan boa mostra de que o talento e compromiso da mocidade da Guarda. Na categoría de contido audiovisual, Rosalía Quiroga e Eire García Cid recibiron o primeiro premio por @amqaeoc, dotado con 1.000€.
Na categoría de iniciativa empresarial, recibiu o primeiro premio a asociación FOCO, Asociación para a Formación e Cooperación en Europa que leva anos impulsando a cultura como ferramenta de transformación social, promovendo a inclusión, a creatividade e a cidadanía activa entre a mocidade. Con el, recibirán 2.000€ de premio.
E finamente, Miguel González Flores conseguiu dous premios de 600€ cada un. Polo seu traballo “expositor de gafas para Pementa Eyewear” recibiu o segundo premio na categoría de deseño e moda; ao que engadiu o segundo premio de narrativa polo relato “Un sismógrafo”.
Parabéns!



