Abertas as inscricións da V edición do obradoiro ‘Con voz propia’
O obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia” volve este ano 2026 coa súa quinta edición.
Este obradoiro estará impartido por Cristal Méndez os mércores á mañá e de 1a:00 a 13:30 horas. O comezo do curso será o próximo 25 de febreiro e estenderase durante 10 semanas.
O obradoiro ofrece unha actividade en grupo na que as mulleres se sintan a gusto, seguras, tranquilas e coidadas. Non é necesario saber cantar ou ter experiencia, xa que o obradoiro busca explorar novas maneiras de cantar e bailar en liberdade, máis alá da música tradicional e do coro.
Ademais fomenta o crecemento persoal e a aprendizaxe de recursos para o equilibrio do sistema nervioso e o benestar aplicables á actividade diaria.
As inscricións xa están abertas a través do teléfono do Centro de Información da Muller (CIM) 986 61 46 48 e o correo electrónico muller@aguarda.es .



