(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • Esta fin de semana celebrase a cita gastronómica no Concello da Guarda a FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

    Esta fin de semana celebrase a cita gastronómica no Concello da Guarda a FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

    • Publicado por Concello
    • Categorías Turismo
    • Date 29 Xuño, 2015

    Festa de Interese Turístico de Galicia

    Celebra a súa XXV edición cunha aposta pola gastronomía local e un completo programa de animación.

    A cita gastronómica terá lugar os días 3, 4 e 5 de xullo no porto da Guarda e a langosta volverá a ser a protagonista indiscutible da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros e así todos os visitantes poderán coñecer os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses.

    Non hai que esquecerse que dende o ano 2007 a Festa da Langosta converteuse na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira adquirindo unha nova dimensión ó ofrecer diferentes pratos mariñeiros e conseguindo achegarse a tódolos gustos do público e revalorizar desta maneira a Festa.

    A festa celébrase na explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Dende hai varias edicións os comensais poden degustar a langosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan postos diferenciados na carpa.

    Nesta edición catro restaurantes ofrecerán a langosta cocida, á prancha ou en salpicón, que amosan como a langosta continua sendo a protagonista entre máis de 25 produtos e pratos mariñeiros. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, tartas, etc.

    O recoñecido cociñeiro YAYO DAPORTA é o pregoeiro nesta edición que se celebrará a noitiña do venres 3 novamente na Praza do Reló como o primeiro acto da festa. Coa lectura do pregón convídase a todos os veciños da Guarda e da comarca e, como non, os visitantes e turistas que nos visitan nos seus días de vacacións. Este acto de comezo dará comezo ás 20.00 horas coa Agrupación Musical da Guarda nunha actuación conmemorativa polo seu X aniversario.

    Tralo pregón procederase a apertura da carpa na explanada do Porto e os interesados xa poderán degustar a gastronomía guardesa cunha exhibición da cociña recoñecida  de YAYO DAPORTA na que prima o sabor de pratos galegos pero cunha visión máis actual.  
    Este ano destaca a oferta musical que será moi variada para achegar a festa a todos os gustos. O venres será a orquestra AMÉRICA os encargados de facer bailar os achegados a carpa. A música galega tamén estará presente co grupo tradicional O TREBÓN DOS XIDOS que nos anunciarán a festa durante as mañás e a apertura da carpa será a cargo do músico guardés Daniel Vilanova. A noite do sábado estará adicada a música máis rockeira coa actuación de THE WININNG NUMBERS coa súa música dos 60 e co grupo LOU REYES co seu rock and roll dos 50. Para a tardiña do domingo reservase para o FADO coa actuación dos artistas convidados e como representación da música portuguesa tan próxima ó Concello da Guarda.  

    Cada edición mudan as actividades para o entretemento e ocio dos visitantes. Este celebrarase a tradicional Travesía a Nado Porto da Guarda que se celebrará ás 18 h do sábado a escasos metros da carpa da festa. Para entretemento dos nenos e familias programouse actividades acuáticas e saídas en kayak, inchables e obradoiros de cociña e deportivos. Durante a fin de semana, a festa contará coa recoñecida Feira de Artesanía na rúa do Porto e o tren turístico que percorrerá as rúas da vila.

    E para todos os visitantes que coñecen nestes días a vila da Guarda e tamén para os veciños haberá visitas guiadas gratuítas a cetárea da grelo ( viveiro antigo de marisco),  ó Castelo de Santa Cruz e ó Monte de Santa Trega.

    Este ano 2015 conmemorase o 25 aniversario desta recoñecida festa gastronómica polo que haberá sorpresas como “O Muro da Arte” onde artistas convidades embelecerán rúas da Guarda con obras en graffiti.

    A Guarda – Concello de Interese Turístico – Destino EDEN

    Máis info: OFICINA DE TURISMO
    TEL 986 614 546 – turismo@aguarda.es
    Segue as novidades: Facebook TURISMO A GUARDA

    ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

    Restaurante Casa Olga
    Restaurante O Cangrexal
    Restaurante Trasmallo
    Restaurante Xantar
    Confitería Estévez
    Adega Valtea

    PRODUTOS OFERTADOS:

    A Langosta segue a ser o prato máis desexado polos visitantes e durante estes días repártense uns 500 kg de langosta á prancha na súa maioría. Sen esquecer a variedade dos pratos ofertados que permiten achegar a todos os gustos pola gastronomía galega:

    LANGOSTA: 38 €                     
    ½ LANGOSTA: 20 €                                  
    PERCEBE: 10 €
    EMPANADA ZAMBURIÑAS: 4 €    
    EMPANADAS VARIADAS: 3,50€
    EMPANADILLA: 1 €    
    BROCHETA DE RAPE E LANGOSTINOS: 5 €
    BUÑUELOS DE BACALAO: 5 €
    CALAMARES: 5 €
    CHIPIRÓNS: 5 €             
    CROQUETAS DE LANGOSTA: 5 €
    CROQUETAS VARIADAS: 5 €
    ENSALADILLA: 5 €  
    FIDEOS CON AMEIXAS: 6 €        
    MEXILLÓNS: 5 €        
    NAVALLAS: 8 €        
    PAELLA MARIÑEIRA: 6     €    
    PEMENTOS DE PADRÓN: 4 €
    PEMENTOS DE PIQUILLO RECHEOS: 5 €
    PINCHO DE XOUBA: 1,20 €    
    POLBO Á FEIRA: 10 €         
    SAQUITOS DE MARISCO: 3 €
    TORTILLA DE GAMBAS: 4 €    
    VIEIRA: 4 €
    ZAMBURIÑAS: 10 €

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Os nenos e nenas son protagonistas no Entroido guardés
    29 Xuño, 2015

    Seguinte nova

    Minuto de silencio polos asasinatos en Kabul
    15 Decembro, 2015

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web