Back

Ábrese o prazo para participar no Desfile de Entroido

O prazo para anotarse estará aberto dende o 19 ata o 26 de febreiro. Os/as interesados/as deberán entregar o formulario de inscrición e a documentación recollida na base 4ª no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.

This event has expired

Do 19 ó 26 de febreiro podes anotarte para participar no Desfile-Concurso de Entroido.
Recorda que as 10 primeiras inscricións baixo a categoría Carroza ou Comparsa terán unha axuda de 200€
Na fase de Concurso pódese participar como:
– Carroza: mais de 6 persoas enriba dun móbil
– Comparsa: agrupacións de 10 ou mais persoas
– Grupo: agrupacións entre 3 e 9 compoñentes
– Individual-parellas adulto: 1 ou 2 persoas, con mais de 12 anos.
– Individual-parellas infantil: 1 ou dous rapaces, con menos de 12 anos.

Consulta as bases completas en:

Bases do Desfile-Concurso de Entroido 2019 na Guarda