Ao igual que os roteiros de muller celebrados no mes de Outubro, esta actividade percorre as parroquias guardesas de Camposancos e Salcidos adentrándose nas veciñas singulares que configuraron a historia destes lugares prestando especial atención aos traballos e oficios aos que se adicaban e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, ao igual que nos roteiros nocturnos amosaranse tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.
O percorrido total é de 8 km. con saída da Alameda e duración aproximada de 3horas