Grazas á colaboración co Concello da Guarda e o Sporting Guardés, o campo de fútbol da Sangriña desfrutará desta actividade do luns 14 ao mércores 16 de abril desde as 9:30h ás 14:00h. Vai dirixida a nenos/as desde a categoría de pre-banxamín ata infantil e xa se poden apuntar na seguinte dirección: https://rccelta.es/gl/fundacion/formacion/clinics/ .
O prezo da actividade sitúase nos 82,50€, mais aquela rapazada federada do Sporting Guardés ou que conta co Carné Celtista terá un desconto do 10%. Nesta cota, inclúese merenda e a bolsa celtista como agasallo final.
Máis información: https://www.aguarda.es/o-celta-organiza-un-clinic-durante-a-semana-santa-na-guarda/
















