A proxección comezará ás 20:00h no Centro Cultural o xoves 13 e, ao remate, teremos o privilexio de contar co coloquio de María Vázquez, a protagonista da película.
O filme “Matria” de Álvaro Gago conta a vida de Ramona, de corenta anos, que vive nun contexto laboral e persoa tenso e precario. Ela tenta darlle un futuro mellor á súa filla, facendo malabarismos con múltiples traballos. Pero cando a súa filla está preparada para comezar o seu propio camiño, Ramona decátase de que, por primeira vez, pode facer algo por ela mesma.
















