A Biblioteca Pública Municipal da Guarda trae unha sesión de contacontos para bebés e os seus adultos acompañantes. Xuntos compartirán unha nova experiencia da man das palabras, emocións, cancións, lectura e libros. Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público especial, inquieto e ávido de experimentar. A sesión realizarase o sábado 15 de marzo ás 12:00h da mañá na Biblioteca.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-biblioteca-municipal-da-guarda-acolle-un-contacontos-sensorial-para-os-pequenos-da-casa/
















