Inauguración: 10 de novembro ás 20h.
Visita libre á Exposición: ata o 5 de decembro entre as 9 e as 14h.
Exposición de testemuñas nos formatos de fotografía e audiovisual, froito do traballo de campo de Rita Más Ybáñez en diferentes aldeas e cidades galegas.
Foron entrevistadas máis de 60 persoas informantes, principalmente mulleres aínda enloitadas e tamén homes que falan do costume de gardar o loito, tanto temporal coma permanente. As viaxes coas cámaras, a gravadora e mailo caderno de campo percorreron as provincias de Pontevedra, Lugo, Ourense e A Coruña tanto no rural como no ámbito urbano.
As mulleres falan no documental das súas vivencias, da necesidade ou imposición de gardar o loito, das diferencias do costume entre homes e mulleres, e finalmente da súa evolución que tende a desaparecer no século XXI.