Back

Foodtruck do sándwich Galicia en pan

This event has expired

Na tarde do próximo sábado 4 de abril, de 19:00 a 23:00h, a praza de Avelino Vicente acollerá unha foodtruck moi especial. Trátase dunha colaboración coa Comisión das Festas do Monte, polo que o prezo de 5€ de cada sándwich irá destinado á organización da festa.

Esta foodtruck estará dirixida polo guardés Juan Collazo quen preparará o seu sándwich “Galicia en pan” para toda A Guarda tras a súa presentación en Madrid na final do concurso “El sándwich más bueno del mundo” impulsado por Delikia.

Máis información: https://www.aguarda.es/o-guardes-juan-collazo-elaborara-o-seu-sandwich-finalista-do-concurso-de-delikia-para-toda-a-guarda/