Este domingo máis dun centenar de coches reúnense na Guarda na I KDD Bonita. A zona da Atalaia é o punto elixido para este evento co obxectivo de fomentar a cultural automotriz local, ademais de atraer visitantes.
A reunión comezará ás 12:30h e está aberto a todo aquel que queira participar. Xa pola tarde darán comezo os concursos de petardazo, limbo, coche con máis xente, e coche moderno e antigo. A partir das 20:30h realizaranse as entregas de premios e os sorteos.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-kdd-bonita-reunira-a-mais-dun-centenar-de-coches-no-porto-da-guarda/
















