Despois do éxito acadado o ano pasado na súa primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello organizan de novo o ciclo “Manual de instrucións para educar”, o cal pretende ser un espazo de reflexión e intercambio de experiencias de nais, pais, educadores/as e familias para lograr unha boa convivencia familiar.
Os encontros celebraranse na Casa dos Alonsos ás 19:30 h., nas seguintes datas:
- 17 DE OUTUBRO: “Familias centradas en solucións”
- 14 DE NOVEMBRO: “Educar en intelixencia emocional”
- 28 DE NOVEMBRO: “Duelo infantil: a infancia ante as múltiples perdas”
- 12 DE DECEMBRO: “Maneiras creativas de resolver conflictos”