A mostra “Catro médicos polo Baixo Miño” inaugúrase o venres 1 de setembro ás 20:30 h. no Centro Cultural, e contará coa presenza da Concelleira de Cultura, Elena Baz.
Trátase dunha oportunidade única para coñecer a obra de catro médicos apaixonados pola pintura ó óleo: Tino Cuesta, Pablo Galego, Xesús Vázquez e Leopoldo García. Poderá admirarse ata o 24 de setembro, no seguinte horario: do 1 ó 15 de setembro de 9 a 14 h. (luns a venres) e de 10 a 13 h. (sábados), e do 16 ó 24 de setembro de 10 a 13 h. e de 17 a 20 h. (luns a venres) e de 10 a 13 h. os sábados.