Back

O Nadal colle ritmo na Guarda con propostas de humor, música e decoración de Nadal

This event has expired

O espectáculo infantil Abracadáver e o Concerto de Panxoliñas na Igrexa Parroquial serán as citas principais do fin de semana, complementada coa decoración nas prazas e a Ruta dos Belens

O Nadal avanza na vila da Guarda coa programación e a decoración das rúas. As principais citas de programación deste fin de semana están centradas na diversión das familias e no mantemento da tradición de Nadal:

  • Sábado 16 de decembro ás 18h. No Centro Cultural

    Espectáculo infantil Abracadáver. Espectáculo de humor para desfacerse dos medos, no que Rogelio, un entrañable personaxe de ficción a través dos seus malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho… darán forma a unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia.

  • Domingo 17 de decembro ás 17h. Na Igrexa Parroquial

    Concerto de Panxoliñas , organizado pola Coral Polifónica da Guarda e coa participación dos coros Cantabile, do Club da Terceira Idade e Grupo Antorcha, na que repasarán diferentes temas de Nadal cun repertorio que vai dende os temas mais tradicionais ata os mais recentes.

Pero además desta programación pódense contemplar por toda a vila a decoración baseada en Contos de Nadal que, a cargo das diferentes asociacións e colectivos foron incorporándose esta semana aos lugares mais emblemáticos como Avelino Vicente, San Benito, Rúa Galicia, Praza da Guía, etc e que conforma a proposta Nadal nas Prazas.

Este percorrido pódese completar coa Ruta dos Belenes, que une todas aquelas iniciativas individuais que cada ano decoran escaparates e portais con Belenes moi completos e traballados dende a Rúa do Porto ata o Colexio dos Padres Somascos

Inserir cartel

RESUMO DA AXENDA:

16 de DECEMBRO

18:00h. Centro Cultural

ABRACADÁVER, espectáculo infantil de teatro e clown

17 DE DECEMBRO

17:00h. Igrexa Parroquial

CONCERTO DE PANXOLIÑAS

21 DE DECEMBRO

20:00H. Centro Cultural

CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO DE MÚSICA

23 DE DECEMBRO

  • 11.00h. No Porto da Guarda

CARREIRA “SAN SILVESTRE”

  • 20:00H. Praza de Avelino Vicente

CONCERTO DO GRUPO AWEN.

27 DE DECEMBRO

17h. A 19.30h.Praza de Avelino Vicente

XOGOS POPULARES: Xogos de madeira, da rá, zancos, buxainas, combas…

28 DE DECEMBRO

17:00H. Praza de Avelino Vicente

A BAILAR NO NADAL, espectáculo infantil

29 DE DECEMBRO

17:00H. Praza de Avelino Vicente

PACO NOGUEIRAS EN CONCERTO “CONTO CONTIGO”

30 DE DECEMBRO

20:00h. Centro Cultural

CONCERTO GOLD AND COLT

3 DE XANEIRO

17:00H. Praza de Avelino Vicente

AS PALABRAS PERDIDAS, espectáculo infantil

4 de XANEIRO

17:00 a 19.00h.h.

Xogos de Nadal: retos, música, baile

5 DE XANEIRO

Cabalgata de Reis e Recepción dos Reis Magos