A obra “Mentalmorbose” do grupo Noitebras Teatro representarase o sábado 29 de marzo ás 20:30h no Centro Cultural.
Trátase dunha traxicomedia meta-teatral na que se nos presenta a un dramaturgo, Viktor Krikrič, quen está experimentando estraños cambios na súa relación con todas as mulleres que o rodean. Ademais, está tendo dificultades coa súa nova obra, polo que tenta ter a axuda dunha das súas exparellas para publicala.
















