A actividade desenvolverase o sábado 29 de marzo de 11h a 13h, e as inscricións xa están abertas a través do correo informacion@aguarda.es. A OMIX do Concello da Guarda trae un obradoiro para coñecer de preto o mundo da cosmética natural: distinguir entre cosmética química e natural, o impacto sobre a saúde do medio, a interpretar o etiquetado, alternativas naturais e plantas cos seus usos na cosmética natural.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-omix-da-guarda-ensinanos-sobre-a-skincare-natural/
















